Laura Suárez sobre o cartel da Mostra: "Baséase na mestura do tradicional e o moderno"

Acaba de recoller o Premio Castelao, e xa paladea a impronta de ser a creadora do cartel da XXXIV Mostra do Encaixe. Laura Suárez está nun gran momento demostrando o gran talento da Costa da Morte. 

A dumbriesa afincada en Cee explica o proceso. “Desde a Mostra puxéronse en contacto conmigo para facer o cartel deste ano, transmitíndome o concepto da campaña do Mar de Piques e a idea da nasa mesturada coa almofada. Comecei coa liña dese elemento principal e xa, a partir de ahí, preparei a composición da ilustración e a gama cromática”, explica.

Sobre a selección de cores sinala que “baseouse na mestura do tradicional e o moderno. As cores cálidas da almofada, suaves marróns e fortes vermellos, contrarrestan co azul do mar e da nasa, un azul ecléctico que mostra un día de vento e tormenta, tan profundo que só se pode albiscar unha silueta do Faro Vilán”. “A idea é representar a tempestade, pero tamén a calma, a solidez e o movemento dunha tradición con tanta historia, que non ten medo a experimentar cos novos tempos e modernizarse”, salienta.

Máis novas