Licitan as obras da renovación da rede de abastacemento de Camariñas

Concello e Deputación veñen de licitar, por 102.266 euros (o 80% a conta do ente provincial), as obras daa renovación da rede de abastecemento de auga de Camariñas, que permitirá substituír a actual rede de tubaxes de fibrocementopor unha nova de polietileno na zona coñecida como “A Reja”.

A infraestrutura abastece a 2.500 persoas, aumentando esta cifra no verán, e tamén á industria conserveira, une o depósito de abastecemento de Camariñas co núcleo de Outeiro.