Máis dun cento de participantes prepáranse para o XII Descenso en Kayak da ría de Camariñas
24 de xullo de 2026 (07:40 h.)
Queda menos para o XII Descenso en Kayak entre a Ponte do Porto e Camariñas. O Club Náutico prepara unha cita moi especial, con máis de 100 participantes, para fozar da marabillosa paraxe do estuario do río Grande, onde o deporte e a natureza se funden en marabillosas paraxes.
A cita será o 1 de agosto, con saída na ponte da Ponte do Porto a partir das 17:00h, e chegada aproximada ás 20:00h a Camariñas.
Poden completar a inscrición a través da web descensokayak.cncamarinas.com antes do 30 de xullo.