Man permanece na nosa memoria

26 de decembro de 2012 (20:45 h.)
Os días 28 e 29 de decembro o Concello de Camariñas e a Fundación Man organizan unha serie de actos en conmemoración ao 10º aniversario de dous eventos que permanecen sempre na nosa memoria: os voluntarios do Prestige e o falecemento de Man de Camelle.
É fermoso ver iniciativas coma estas, pero é lamentable que entrementres o estado do Museo de Man, da súa casa, siga deteriorándose sen que as administracións dean un paso adiante na súa conservación.
Programa de Actividades "10º aniversario do afundimento do Prestige" - Sempre na nosa memoria

- VENRES, 28 de decembro de 2012. 20:00horas. Casa do Alemán de Camelle: Cortexo fúnebre dende a Fundación Man á caseta - vivenda do Museo ónde serán soterradas as súas cinzas, como o artista desexaba.
- SÁBADO, 29 de Decembro de 2012. Casa de Pedra de Camariñas. 12:00h. Descubrimento da placa de agradecemento ao voluntariado promovido polo Concello de Camariñas e programa Galicia en Color de Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM).
- 12:10 h. Inauguración exposición “Prestige, Sempre na nosa memoria”. Casa do Alemán de Camelle:
18:30h. Apertura da exposición “Man, Sempre na nosa memoria”.19:30h. Presentación do libro “Man, o Alemán de Camelle”da autora Beatriz Maceda Abeleira e ilustrado por Laura Veleiro. Editado por Galebook.
Exposicións
- A exposición Man, sempre na nosa memoria estará aberta ata o 5 de xaneiro de 2013. De 16:30 a 21:00h menos domingos e festivos. Esta exposición ofrecerá imaxes e elementos relacionados co Man e a súa obra.
- A exposición Prestige sempre na nosa memoria, estará aberta ata o 5 de xaneiro. Esta exposición ten fotografías de voluntariado do Prestige en Camariñas, unha exposición de cadros de 29 artistas cataláns donado por Comunidade Balear, así como parte da obra da pintora burgalesa Rosario Palacios Orive. As bandeiras de tódalas comunidades autónomas dos voluntarias e voluntarios que traballaron en Camariñas estarán presentes nesta exposición.
Artigos relacionados
- Lorena Martínez Canosa: Man de Camelle.
- Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- Recunchos da Costa: O Museo de Man de Camelle.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasananacosta.com).