Maxia, risas e ilusión no Nadal de Camariñas

Camariñas tamén formula un Nadal ben cheo de actividade, dende a visita de papa Noel ata a cabalgata de Reis. Os peques terán maxia, contacontos, espectáculos teatrais ou cómicos… todos cheo de ilusión.

Ademais, o Museo de Man prepara unha serie de obradoiros para crear elementos decorativos. Os talleres levaranse a cabo desde o 21 de decembro ata o 4 de xaneiro. Haberá tamén unha sesión de contacontos e xogos musicais o 27 de decembro.

O obxectivo desta iniciativa é converter o museo non só nunha referencia para o coñecemento artístico senón tamén nun lugar de creación, achegando así a arte mediante a experimentación persoal de técnicas artísticas.

Poden inscribirse en museodoman@camarinas.net ou nos teléfonos 665 133 864 e 981 710 224.