Mazaricos acolle unha xornada de aproveitamento do monte comunal

As comunidades de montes de toda a zona de interior da Costa ten unha cita máis que interesante o vindeiro xoves 29 de setembro na Casa de Cultura de Mazaricos. A partir das 9:30h da mañá haberá unhas Xornadas de aproveitamento do monte, “Creación de Emprego e riqueza mediante o uso cooperativo do monte comunal”, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. Así, as xentes da Agrupación de Mazaricos do Centro da Rede de Consumo, que abrangue os concellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Muxía, Vimianzo e Zas, ademais do propio concello mazaricán, poderán inscribirse de forma gratuita no 981 867 104, en www.agaca.coop ou en agaca@agaca.coop. As xornadas tratarán temas relacionados cos usos alternativos do monte, a nova Lei de montes de Galicia, aproveitamento cooperativo dos montes en man común, experiencias prácticas de produción de mel, cogumelos, crianza de porco celta e explotación de Cabalo Pura Raza Galega. Á finalización da xornada teremos un pequeno aperitivo.

Fonte

  • Concello de Mazaricos.