Morre queimada unha veciña de Xaviña

Unha muller de avanzada idade e con mobilidade reducida perdeu a vida esta tarde en Camariñas cando se aproximou ao lume dunha lareira. O equipo médico que acudiu ao número oito do lugar de Mullados, na parroquia de Xaviña, pouco puido facer para salvar a vida da muller. O veciño que alertou aos servizos de emerxencias sospeitaba xa que a señora estaba falecida. O fatal suceso tivo lugar sobre as cinco da tarde de hoxe. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • 112