O Museo de Man estreou os óleos e Diana Bustamante e as Formigas anónimas

As Formigas tomaron o Xardín de Camelle
Onte tivo lugar a inauguración da nova exposición do Museo Man de Camelle: ‘Desde el Mar’, de Diana Bustamante. A mostra, que permanecerá no museo ata o 30 de maio chega a Camariñas da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares, estará comisariada por Antoni Torres Martorell.
 
No acto estivo presente a alcaldesa, Sandra Insua, e outros membros do goberno local e tamén a propia artista, Diana Bustamante, que entregou en doazón ao museo o cadro no que se representa Camelle. 

A pintura de Diana Bustamante, na que o mar ten un gran protagonismo, evidencia a riqueza e versatilidade da paisaxe mediterránea a través dun percorrido por lugares entrañables das Islas Baleares e da Costa Blanca pero tamén da costa atlántica galega, achegándose a ao Faro Vilán, a Camelle e facendo unha pequena homenaxe a Manfred Gnädinger.

Formigas

No espigón de Camelle espuxéronse os traballos da mostra 'Ants, Treballadores' que foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras e que está a percorrer o territorio nacional.
 

Paralelamente a esta mostra o Museo Man organizou, o pasado 25 de abril, un obradoiro artístico baixo o nome de ‘Formigas’ no que os participantes puideron intervir durante 4 horas a súa propia formiga de ferro e que tamén foi presentada xunto á exposición.