Novas charlas informativas na zona tapón da couza da pataca

Cartel da charla camariñá

Parece que desta volta a Xunta si que está intentando informar aos veciños das zonas afectadas pola couaz guatemalteca da pataca (Tecia solanivora). A Consellería do Medio Rural vén de pechar cos alcaldes dos concellos limítrofes con Muxía (Camariñas, Vimianzo, Dumbría, Cee e Fisterra) sendas charlas informativas que serán abertas ao público e serán impartidas por técnicos da Consellería, coa finalidade de informar das medidas adoptadas e previstas para atallar esta praga, así como reforzar a coordinación entre os axentes implicados.

Se ben en Muxía e Vimianzo xa se celebraron a semana pasada, estas son as seguintes citas:

  • Mércores 4 de abril:
    - O Ás 19:00 h charla no salón de actos do concello de Cee.
    - O Ás 19:00 h charla na Casa da Sociedade de Xaviña, en Camariñas (As zonas tampón do Concello de Camariñas engloban case a totalidade das parcelas que se cultivan actualmente con patacas agás os núcleos de Santa Mariña, Arou e Camelle).
  • Xoves 5 de abril:
    -O Ás 19:00 h charla na casa da cultura de Olveira en Dumbría.
    - O Ás 19:00 h charla no salón de actos do concello de Fisterra.

Medidas adoptadas

A prohibición de plantar patacas nos vindeiros dous anos. Así mesmo, todo produtor de pataca -tanto profesional como de autoconsumo- localizado nas áreas demarcadas deberá comunicar a superficie plantada na presente campaña. Desta forma preténdese ter localizadas todas as plantacións de patacas nas áreas demarcadas e evitar o movemento deste tubérculo a outras zonas limpas.

Os comerciantes ou puntos de venda de semente deberán solicitarlle aos compradores de pataca de semente unha serie de datos (nome e enderezo, cantidade adquirida e data de adquisición) co fin de poñelos á disposición dos servizos oficiais de sanidade vexetal. Pola súa banda, os concellos deberán reforzar a vixilancia da procedencia de patacas que se venden nos mercados locais, constatando a orixe da pataca comercializada e adoptando as medidas para impedir, se é o caso, a circulación.

Novas da couza da pataca

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).