Novo chamamento de Mar de Fábula para limpar os Coídos do Corno

Coídos do Corno no Cabo Vilán

A familia de Mar de Fábula, que segue espallando tamén as súas redes de limpeza pola Coruña, fai un novo chamamento para facer unha limpeza, este sábado 29 de marzo, nos Coídos do Corno en Camariñas, preto polo maxestuoso faro Vilán.

Avisan que este é un lugar que recolle grandes volúmenes, procedentes na súa maioría da actividade do Corredor Marítimo de Fisterra.

A limpeza arrincará ás 11.00 horas e o punto de encontro: carretera do Vilán no aparcamento antes de chegar á piscifactoría de rodaballo. Coordeadas do lugar: 43°09'08.6"N 9°12'35.3”W.

Eles levarán o material pero á efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, antes das 20.00 horas do venres, no info@mardefabula.gal ou no 608609042.