O BNG de Camariñas denuncia o abandono dos Parques Infantís
O BNG de Camariñas denuncia "a situación de abandono e deterioro dos parques infantís de Camariñas". Califican situación na que se atopan os parques de xogos dos nenos/as de "lamentable", e denuncian que "moitos aparellos metálicos teñen aristas cortantes e oxidadas e outros teñen as madeiras de apoio e xogo carcomidas e rotas por falla de mantemento e coidado que deben de ter este tipo de parques o aire libre. Ista situación está a provocar algún pequeño accidente cos nenos/as do noso Concello e que algunha nai teña algún que outro susto porque o cativo sufrira algunha ferida".
Ante esta situación esixen "de xeito urxente que o Concello e o seu alcalde se poñan mans no asunto e reparen e adecenten as zonas de xogos do nenos/as do Concello. E adapten as áreas de xogos e os seus elementos ás normas vixentes de aplicación así como ao mantemento e conservación debendo realizar inspeccións e revisións anuais por técnicos competentes e con formación acreditada".
"É mellor previr que non lamentar males maiores pola deixadez e neglixencia do Concello de Camariñas", sentencian.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Camariñas.