O Cabo Vilán espera polo IV Certame de Pintura ao aire libre
Moi boa iniciativa, a do IV Certame de Pintura ao aire libre Faro Vilán. Un bo xeito de ensinar o tesouno natural da paraxe da zona, recibindo a ducias de pintores de todo o estado.
A cita será o vindeiro sábado 11 de xuño. O tema deste ano é libre e faise extensible a todo o concello de Camariñas. Os participantes poderán presentar os seus soportes entre as 10.00 e as 11.00 horas para que sexan selados polos organizadores e deberán entregar as súas obras como moi tarde ás 19.00 horas.
Ás 20:00h, despois de que o xurado delibere, celebrarase o acto de entrega de premios, cuxa cuantía total ascende a 950 euros: 500€ para o primeiro clasificado, 300€ para o segundo, 150€ para o terceiro e lotes de produtos para menciónelas.
Ademais, as obras presentadas quedaranse en exposición no Faro Vilán ata o 30 de xuño e o público poderá votar para conceder outro premio, consistente nun lote de produtos.
O certame conta coa colaboración do Concello de Camariñas, a Autoridade Portuaria da Coruña, a Diputación, Cerdeimar, Mobles Sambade, Ricardo Máis e Fillos, Distribucións O Vilán, Recreativos Grifomar e Froitas Frutín.
Exposición
Ademais, coma sempre, o Faro alberga unha exposición e ata finais do mes de maio pódese ver unha exposición de pintura e escultura de Xesús Franco e Tino Canicoba.
Novas relacionadas
- Camariñas inspira aos artistas que participaron no III certame de pintura ao aire libre.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.