O Galeuropa leva a 21 mozos e mozas a realizar prácticas laborais en Europa

 
Dezaseis mozos e mozas realizan as practicas laborais en Londres dentro do programa Galeuropa Un total de 21 mozos e mozas desenvolven as súas prácticas laborais en Londres e en Borgo Val di Taro dentro do programa Galeuropa que promoven, por segundo ano consecutivo, os concellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas co financiamento da dirección xeral de Xuventude da Consellería de Política Social e a Iniciativa Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Tres concellos participan este ano en Galeuropa: Vila de Cruces, Negreira e Camariñas, este último en representación de Galeuropa - Costa da Morte. Os dous últimos viaxaron xuntos a Londres. Gracias ao programa de mobilidade transnacional Xuvenil Galeuropa, estes xóvenes realizan práctocas laborais non remuneradas de máis de 100 horas ao mes en empresas vinculadas á súa formación académica ou a súa experiencia laboral. Durante 2 meses reforzarán as súas competencias profesionais e lingüísticas, incrementando as súas posibilidades de inserción laboral e o coñecemento do inglés ou do italiano. Os participantes teñen entre 19 e 29 anos e unha formación que vai desde o ciclo medio de Formación Profesional ata o grao ou máster universitario. O programa cubre tanto os custos da viaxe ao destino da práctica, o aloxamento e a manutención. Londres Dezaseis persoas realizan as súas prácticas en Londres como técnico audiovisual, traballadoras sociais, persoal administra3vo, ensinante de español, técnica de laboratorio, enxeñeira, deseñador de páxinas web, arquitecta, técnica de confección e técnica de acuicultura. As empresas adáptanse aos candidatos e teñen en conta o seu currículo e nivel de inglés para asignar os postos. A flexibilidade do programa permitiu que tres persoas cambiaran a empresas máis axeitadas ás súas expectativas e capacidades. Segundo Emilio González, axente de desenvolvemento Local do Concello de Camariñas que acompañou a varios candidatos á súa primeira visita ás empresas, “a satisfacción co programa é xeneralizada, ata o punto de que varios dos participantes contan con quedar en Londres cando rematen a práctica”. Os aloxamentos atópanse na zona de Lewisham, preto do barrio de Greenwich. Residen por parellas en vivendas con familias acostumadas a aloxar a mozos e mozas de todo o mundo, o que lles permite a práctica do inglés e o contacto coa diversidade cultural da capital británica. Para os desprazamentos aos seus postos de traballo contan cunha tarxeta de transporte financiada polo programa. Italia
Cinco mozos e mozas desprazáronse ata Borgo Val di Taro, en Italai, para realizar as súas prácticas laborais As cinco persoas en prácticas en Borgo Val di Taro, un municipio italiano de 7.000 habitantes situado a 60 quilómetros da cidade de Parma e socio do concello de Camariñas en anteriores programas europeos, alóxanse nunha fermosa casa situada nun tranquilo barrio residencial a un paso do centro da capital municipal. Dúas delas están de mestras en escolas infancs, hai unha enfermeira nun centro da terceira idade, un técnico en mantemento informático e unhapsicóloga que forma parte do equipo comarcal de atención social. O persoal do concello de Borgotaro ten con eles un trato moi próximo, impartíndolles ademais un curso de italiano e organizándolles actividades culturais. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)