O libro "Costa da Morte. Crónica marítima" segue percorrendo a bisbarra

Nos próximos días, o libro "Costa da Morte. Crónica marítima" de Rafael Lema chegará a varios puntos da bisbarra con presentacións organizadas polos GALP - Grupo de acción local do sector pesqueiro -. A primeira cita será o día 7 de maio no cemiterio dos ingleses de Camariñas. O acto, de acceso libre, terá lugar ás 12 horas coincidindo coa etapa Arou-Camariñas da Ruta dos Faros. Tamén no mes de maio, ainda sen confirmar o día, o obras presentarase no restaurante A de Loló de Muxía. Xa o 15 de xuño, ás 20 horas, Rafael Lema presentará o seu libro no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira, nun acto no que colabora o concello. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)