O mar costeiro acentúa a súa loita contra o arrastre

Manifestación por mar en Camariñas pola pesca artesanal Algo falla en Galicia cando vemos os dous sectores primarios, de enorme trascendencia económica-social, en plena guerra pola superviviencia. Os gandeiros seguen cas súas mobilizacións, mentres o sector da pesca artesanal non parou dende que comezou o 2015, e cada mes realizan unha concentración en protesta pola crítica situación da pesca de baixura. Este último sábado de agosto, había unha manifestación convocada desde o seo de Corcubión. E trala expectación causada coa manifestación por mar do pasado 25 de xullo que uniun os portos de Fisterra e Corcubión, os mariñeiros volveron optar por esta vía, por unha manifestación marítima pero desta vez na Ría de Camariñas e a petición e colaboración do Concello de Camariñas. Unha ducia de barcos da localidade paseáronse polo porto con diversas pancartas e a golpe de bocinas para demostrar o seu descontento coa situación actual que está atravesando o sector.

Contra os arrastreiros

Unha vez finalizada a mesma, José Domínguez Buiturón, Patrón Maior da Cofradía de Corcubión, procedeu á explicación da situación que atravesou o sector desde fai un par de décadas, que os leva a día de hoxe a esixir a separación do arrastre 12 millas da costa. Recalcou que a lexislación de hai uns 20 anos era máis respetuosa co mar e co sector, dereitos polos que xa loitaran os nosos antecesores. Apuntou ademais que antes existían uns límites de profundidade e de distancia respecto da costa que os arrastreiros non podían exceder e non había problemas de escaseza no mar. Con todo, sinalan que a lexislación ten que ir cambiando e a día de hoxe estes límites son apenas inexistentes, arrastrando todo o que atopan ao seu paso polas nosas costas e en consecuencia os nosos recursos e medio de vida.

Unha demostración práctica

Así mesmo, para que todos os presentes entendesen a nosa reivindicación, José mostrou unha merluza pescada cunha arte selectivo, artesanal, como é o palangrillo, que pesca cada peza de peixe una a unha. E a malla dun arrastreiro, pola cal entran cativas de merluza que apenas superan os 5 cm. E que cando son devoltas ao mar, soamente serven de pasto para as gaviotas posto que xa están mortas, esmagadas pola rede. E así, co resto de especies e peixes das nosas costas. Con isto, pretenderon demostrar á xente cotiá, a políticos e demais cidadáns que é o que está pasando no mar, que o que contan non é unha lenda, é real.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).