O PSdG alerta aos concellos da zona tapón da couza ante a resposta “caótica” da Xunta

Pataca afectada pola couza guatemalteca-Foto-Campogalego

Xa denunciaban a semana pasada a falta de vontade da Xunta para investigar a causa da chegada da couza guatemalteca da pataca a Muxía, e hoxe o PSdG volve arremeter contra a Xunta pola “resposta caótica e ineficaz” da Consellería fronte a praga.

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, advertiu no Pleno do Parlamento, que “malia ás medidas adoptadas polo goberno galego, a praga continúa avanzando polos concellos galegos”.

Pérez Seco lembrou o caso de Cariño que pasou de ser zona “tampón” a estar directamente afectada pola praga, ou o propio caso de Muxía, afastado por máis de 100 quilómetros dos outros 32 concellos afectados e que vén de ser invadido por esta polilla. Unha situación que pon en alerta a eses concellos da zona tapón polos que a Xunta está intentando facer xornadas informativas.

Pérez Seco sinala que a praga non está, nin moito menos, controlada, e alertou da execución “caótica” da Resolución que regulaba os prazos para a declaración de existencias e de superficie sementada en zona infestada, publicada o pasado 6 de abril.

Novas da couza da pataca

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).