O Tour da John Deere e Transdiesel pasou pola Costa
05 de outubro de 2010 (20:42 h.)
Moi afeccionados á maquinaria nática, agrícola e industrial somos na bisbarra. E así o demostran as exposicións que pasan pola nosa bisbarra. Este pasado domingo a "John Deere Marine Tour" pasou por Camariñas (de onde vemos as fotos), logo de facelo por Malpica, Fisterra e Laxe. E hoxe martes fai o propio en Muros.
A exposición itinerante ten como obxectivo dar a coñecer as vantaxes dos motores de TransDiesel e John Deere nos principais portos galegos.
Aí quedan as fotos que nos achega Vito Diéguez da exposición ao seu paso por Camariñas.