Os alumnos de Camariñas saben mellor como aforrar enerxía

Sempre interesante é saber onde podemos aforrar. E máis nestes tempos de crise, onde o mínimo que poidamos aforrar vén ben. Pero non só por asuntos económicos, senón tamén por respecto medioambiental, unha necesidade que pouco vai calando na sociedade costeira.

Así, en Camariñas, a través do programa de Cooperación "Protección, mellora e posta en valor de espazos e recursos naturais e culturais en Camariñas e Vimianzo", tiveron lugar unhas charlas medio ambientais no instituto IES Pedra da Aguia a finais do mes pasado.

As charlas consistiron en informar e sensibilizar sobre o impacto medio ambiental e social das decisións e hábitos cotiáns.

O obxectivo era motivar unha xestión máis responsable no fogar promovendo o autocontrol do consumo doméstico de enerxía e auga, introducindo medidas e comportamentos aforradores.

Os temas foron:

  • 1. “Aforro de enerxía no fogar”: por que reducir o consumo de enerxía, consumo da enerxía en casa, calefacción, auga quente, electrodomésticos, iluminación e consumos pantasmas.
  • 2. “Aforro de auga nos fogares”: consumo de auga nos fogares, vivir mellor con menos auga, en que gastamos a auga nos fogares, baño e ducha, inodoros, billas, lavadoras, lavalouzas, fregadeiro e a auga da chuvia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.