Os campións de oratoria do IES Pedra da Aguia, de convivencia formativa

O equipo do IES Pedra da Aguia que gañou o concurso Euroescola

En xuño proclamábanse campións galego do certame nacional de Euroescola, Agora farán de anfitrións unha xornada de convivencia que organiza a Xunta para varios dos gañadores dos certames escolares de debate.

O equipo de oratoria do IES Pedra da Aguia da Ponte da Porto compartirá uns días de convivencia, no albergue de Gandarío cos campións e subcampións do programa Parlamento Xove. Unha fin de semana de ocio educativo, incluíndo unha actividade formativa en oratoria.

Os camariñáns compartirán convivencia con rapaces e rapazas dos equipos gañadores deste programa no 2018: o Colexio Plurilingüe San José – FEC de Lugo, na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria, e o IES de Becerreá, na categoría de Bacharelato; así como os mozos e mozas dos equipos subcampeóns: o CPR Maristas A Inmaculada de Lugo e o Colexio Internacional Sek Atlántico de Poio, nas categorías de ESO e Bacharelato, respectivamente.

O programa pretende potenciar as súas competencias e capacidades transversais, así como aumentar a súa motivación para seguir aprendendo.

No caso do programa Euroscola, un concurso convocado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, están a participar nesta xornada os mozos e mozas do equipo do IES Pedra da Aguia de Camariñas, equipo gañador deste concurso na comunidade autónoma galega.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ies-pedra-da-aguia-campion-galego-do-certame-nacional-de-euroscola/ https://quepasanacosta.gal/os-peques-de-1o-eso-do-ies-pedra-da-aguia-campions-de-oratoria/