Os pellets chegan ás praias de Camariñas, Fisterra e Muxía

Pellets no Reira. Foto: Felipe Santos

Segue espallándose a marea de microplásticos polo litoral galego. Tras, supostamente, ter caído a principios de decembro dun container que pasaba polo corredor de Fisterra, estes pellets de plástico utilizados para a fabricación de todo tipo de envases e derivados plásticos, foron aparecendo por Ribeira, Porto do Son, Noia, Muros, Carnota... 

E esta xornada da previa de Reis, tamén apareceron regadas deste gravoso contaminante as praias de Muxía e Camariñas. Felipe Santos envíanos fotos das praias do Reira. 

A voceira do PP de Muxía

Ademais, a portavoz do Partido Popular en Muxía, Sandra Vilela, vén de anunciar que enviaron un escrito por rexistro ao concello muxián instando ao goberno municipal a que proceda de xeito “urxente e inminente” á limpeza das zonas afectadas no concello pola chegada dos pellets  “A competencia da limpeza dos areais é municipal e non entendemos como ante esta situación non se fai nada. Noutros concellos como Porto do Son levan xa días co proceso de limpeza dos seus areias” expón a portavoz muxiana que agarda que se tomen medidas nos próximos días.

Tamén apareceron en Fisterra na praia de Mar de Fóra, como denuncia o BNG fisterrán, dende onde convocan toda a xente que poida para mañán sábado ás 10 da mañán para facer unha limpeza .(Zona dos Abiláns).