A plataforma de venda online para o comercio local, ‘MerCamariñas’ presentarase na Mostra do Encaixe
Chega pronto a Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña versión outubro. Unha cita para a que repasaremos a súa completísima programación moi pronto, pero que tamén ten unha cita co comercio local. A plataforma de venda online ‘Mercamariñas’, a ferramenta que tratará de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que poidan vender os seus produtos a través de Internet, verá a luz o próximo luns, 11 de outubro, ás 11:30 horas nunha presentación oficial que se levará a cabo no pavillón da Mostra.
Os responsables da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, reuníronse cos comercios participantes nesta iniciativa para ultimar os detalles xerais da plataforma. Durante esta semana haberá formación presencial na aula de informática municipal sobre a plataforma.
NOVAS RELACIONADAS
- ABril 21: Camariñas propón a Correos ofrecer tarifas especiais nos envíos ás tendas adheridas a ‘MerCamariñas’,
- MerCamarinas.com: Os comercios de Camariñas asaltan a rede.
- Máis de 60.000 persoas visibilizaron os produtos dos 12 comercios de encaixe de Camariñas.