O portiño de Santa Mariña, un pouco máis limpo gracias ao voluntariado de Mar de Fábula

Nin unha fin de semana descanso colle aínda a familia de Mar de Fábula, que este sábado desprázabase ata a pequena vila costeira de Santa Mariña para realizar unha das suas limpezas colaborativas. Dende a praia, pasando polos coídos até chegar a Punta Caghada, onde por experiencia, saben que soe estar ateigada de botellas de auga de plástico chegadas de todo o planeta.

Desta volta retiraron cantidades inxentes para encher 4 sacos de 100 litros (15,6 kg). O que volve a poñer na palestra a necesidade global de implementar nos territorios sistemas de recuperación de envases, como o coñecido Depósito, Devolución e Retorno (SDDR). Ese sistema que funciona en media Europa e que permite que a devolución de envases sirva para recuperar cartos.

O total do lixo da xornada de traballo: 92 kg (12 sacos de 100 litros).