O PP pide un reforzo na Policía Local e na Guardía Civil para Camariñas e para a comarca
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Camariñas insiste en amplificar a suposta situación de inseguridade que a Costa da Morte. Foi a camariñá Paula Mouzo, a que incidiu na necesidade de incrementar o número de efectivos da Policía Local e da Garda Civil para "terminar", dixo, "coa sensación de inseguridade que existe entre a veciñanza".
O grupo critica o "desmantelamento da Garda Civil" que, ao seu xuízo, "o Goberno Central está a levar, principalmente, nas zonas rurais". Nesta ocasión, Mouzo puxo sobre a mesa os incidentes que se produciron no municipio durante as últimas semanas, nos que un mozo recibiu unha brutal malleira e un vehículo resultou calcinados debido a lumes provocados.
“Por moito que algúns miren para outro lado, é unha realidade que A Costa da Morte, en xeral, e Camariñas, en concreto, carecen dos servizos mínimos que se necesitan para garantir a seguridade dos veciños que vivimos nesta comarca”, denunciou Mouzo.
Nesta liña, a popular explicou que a falta de efectivos da Policía Local e da Garda Civil xera que durante moito momentos do día e, sobre todo, da noite, "unha zona rural como A Costa da Morte quede desprotexida fronte a delincuentes que controlan, saben e coñecen con exactitude onde están os poucos efectivos que traballan nos nosos municipios”.