Requisados case 100 kg de polbo en Camariñas

Polbo requisado en Camarinas

Nova operación contra as malas prácticas na pesca costeira. Desta volta foi o Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, o que requisou 99,650 Kg de polbo no porto de Camariñas.

Os axentes detectaron que unha furgoneta cargada con mercancía abandonaba o porto sen pasar pola lonxa. Déronlle o alto e comprobaron que no interior do vehículo 3 capachos cun total de 99,659 Kg de pulpo, dos que 11,550 Kg eran de tamaño inferior ao reglamentario.

Procedeuse á incautación da totalidade do pulpo, sendo os 88,100 Kg de talla reglamentaria poxados na propia lonxa de Camariñas e o importe da venda foi ingresado a favor da Xunta de Galicia, o cefalópodo inmaturo foi entregado nun Centro Benéfico.

Por ambas forzas instruíronse as correspondentes actas-denuncias á Lei11/2008 de Pesca de Galicia, (transporte de produtos de pesca sen a documentación reglamentaria, incumprimento das normas da pesaxe antes da primeira venda e pola tenencia de especies inmaturas).

Máis novas sobre furtivismo