Salvamento Marítimo busca na costa de Cantabria un mariñeiro caído dun barco camariñán

O Novo Xoel
  • Última Hora: 26/05 ás 11:00h: O dispositivo de busca continñúa en marcha estivo activo durante toda a noite.

Esta mañá de martes tiña lugar na costa de Cantabria, un novo accidente no mar. Foi un pesqueiro con base en Camariñas, o Novo Xoel, o que alertaba ás 7:40h ao Centro de Salvamento Marítimo de Santader, de que un home caera á auga, mentres faenaba a 5 millas ao norte de San Vicente de la Barquera.

No dispostivo de busca do que parece que pode ser un tripulante peruano do barco costeiro, traballa xa o Helicóptero Helimer 202 e a embarcación DENEB de Salvamento Marítimo, así como unha patrullera da Garda Civil e un buque de Salvamento Marítimo.

Marítimo, así como unha patrullera da Garda Civil e un buque de Salvamento Marítimo.

 

Auxilio en Camariñas

Así mesmo, a embarcación Xean tivo que pedir asistencia debido a unha avaría preto do Cabo Vilán e está a ser remolcada ata o porto camariñán para Salvamar Altair.