Salvamento Marítimo consegue rescatar ao capitán dun remolcador preto do Cabo Vilán

Menudas imaxes as que captou o helicóptero de Salvamento e que podemos traer a QPC. Son imaxes desta mesma mañá de martes 16 de decembro, pois a a tripulación do helicóptero con base na Coruña Helimer 209, tivo que realizar a evacuación médica do capitán do remolcador MTS VISCOUNT, que quedara paralizado a 35 millas ao Oeste de Cabo Vilán, Camariñas.

Trátase dun varón de nacionalidade ucraniana de 42 anos que foi trasladado ao aeroporto de Alvedro onde o esperaba unha ambulancia medicalizada que o levou ao CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario da Coruña). I é que a causa do rescate é que tiña unha úlcera en estado grave.

Menudo traballo o destes bravos membros de Salvamento Marítimo!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Etiquetas