Dous aparatosos accidentes e dous singulares incendios, saldo da fin de semana

Varias incidencias dábanse esta fin de semana, que obrigou a intervir aos corpos de seguridade en dous accidentes rexistrados en Ponteceso e Muxía, emais en dous incendios non forestais acontecidos en Camariñas e Carballo.

Tres feridos, un deles atrapado, despois de colidir un autobús e un taxi en Muxía

Esta mañá de luns, en pleno remate da Barca, acontecía un choque entre un autobús (de liña regular) e un taxi que deixaba tres feridos en Muxía. O accidente ocorreu uns minutos antes das 07:00 horas, no lugar da Baiuca, en Moraime. Un dos feridos, o condutor do taxi, estaba atrapado no interior, polo que os Bombeiros de Cee tiveron que excalalo. Tamén resultaron feridos unha muller que viaxaba no turismo e un pasaxeiro do autobús (viaxaban 12 pasaxeiros, todos estranxeiros), que non parecía revestir gravidade, sendo evacuados os feridos polos servizos sanitarios. Tamén se achegaron ao lugar axentes de Tráfico e membros de Protección Civil da localidade achegáronse ao lugar, tras ser alertados polo 112.

Unha muller excarcerada en Ponteceso

Aparatoso accidente en Corme Aldea O accidente rexistrouse o pasado domingo arredor das 10:30h da maña en Corme Aldea, Ponteceso. Un coche sufría unha saída de vía na AC-424, dirección Corme, quedando a súa condutora ferida e atrapada no interior tras impactar contra un lateral do muro dunha vivenda e quedar envorcado polo lado da condutora. Os Bombeiros de Carballo e os efectivos do GES de Ponteceso achegábanse ao lugar ademais de 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil tralo aviso dun particular. Bombeiros e membros do GEs procederon á excarcelación e liberación da ferida, que foi atendida por os sanitarios e posteriormente trasladada o CHUAC.

Incendio dunha embarcación en Camariñas

Embarcación calcinada en Camariñas-Foto-Avantetoda Pasadas as 5:30 da madrugada do sábado ao domingo, o 112 recibe unha alerta de que unha embarcación está a arder encima do peirao de Camariñas, xusto diante do Clun Náutico. Os Bombeiros de Cee e outros corpos de seguridade achegábanse ata o punto, cando xa a embarcación semirrígida estaba completamente calcinada e o lume propagábase a unha segunda que está empezando a arder. Os Bombeiros puideron sofocar o lume desta segunda embarcación e apagar o resto de lapas da primeira utilizando uns 1000 litros de auga. Afortundamente non houbo máis danos persoais nin materiais que as dúas embarcacións, gracias a que un veciño viu o lume e alertou ao 112. Dende o Club Náutico sinalan que o incendio sería provocado como un acto de vandalismo.

Incendio dunha cociña no Mesón A Cova

Durante a mañá do sábado, arredor das 12:30h, producíase un incendio na cociña do Mesón A Cova, situado na Rúa da Igrexa, Carballo. A orixe do incendio foron as fritideiras, e nun primeiro momento as dúas cociñeiras e unha camareira que estaban no interior, intentaron extiguir as lapas das fritideiras con extintores pero non conseguiron apagar o lume, polo que alertaron o CAE 112. Unha cociñeira resultou ferida no brazo dereito por queimaduras. Chegaron os Bombeiros de Carballo pouco despois e procederon a extinguir as lapas na cociña e seguidamente ventilar o local para que saíra o fume. Tamén saía fume polo garaxe que esta o carón, lindando co Mesón, no cal se produxeron dúas explosións de fume con onda expansiva polo calor, presión e fume xerado no seu interior. Tivose que ventilar tamén o garaxe. No garaxe non houbo feridos, só danos materias en todo o local afectando a sete coches, cinco bicicletas, bodega de botellas de vidrio, o teito víuse afectado con desprendemento do sistema de ventilación e material aislante, tamén afectou o sistema eléctrico, canalizacions de auga polas cales producironse tres fugas en diferentes puntos do garaxe, xa que se derreteron as canalizacions de PVC. O garaxe non chegou a inundarse pero había bastante auga en toda a superficie do local. Os operarios do servizo de augas do Concello cortaron varias chaves de suministro de auga e conseguiron taponar as fugas con obturadores. Ata as 16:00h non rematou o operativo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/falece-unha-muller-nun-accidente-entre-dous-coches-en-razo/ https://quepasanacosta.gal/excarcelan-unha-muller-tras-un-accidente-entre-tres-furgonetas/