Dous aparatosos accidentes e dous singulares incendios, saldo da fin de semana

09:49 10/09/18
Varias incidencias dábanse esta fin de semana, que obrigou a intervir aos corpos de seguridade en dous accidentes rexistrados en Ponteceso e Muxía, emais en dous incendios non forestais acontecidos en Camariñas e Carballo.
Aparatoso accidente en Corme Aldea
O accidente rexistrouse o pasado domingo arredor das 10:30h da maña en Corme Aldea, Ponteceso. Un coche sufría unha saída de vía na AC-424, dirección Corme, quedando a súa condutora ferida e atrapada no interior tras impactar contra un lateral do muro dunha vivenda e quedar envorcado polo lado da condutora.
Os Bombeiros de Carballo e os efectivos do GES de Ponteceso achegábanse ao lugar ademais de 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil tralo aviso dun particular.
Bombeiros e membros do GEs procederon á excarcelación e liberación da ferida, que foi atendida por os sanitarios e posteriormente trasladada o CHUAC.
Embarcación calcinada en Camariñas-Foto-Avantetoda
Pasadas as 5:30 da madrugada do sábado ao domingo, o 112 recibe unha alerta de que unha embarcación está a arder encima do peirao de Camariñas, xusto diante do Clun Náutico. Os Bombeiros de Cee e outros corpos de seguridade achegábanse ata o punto, cando xa a embarcación semirrígida estaba completamente calcinada e o lume propagábase a unha segunda que está empezando a arder. Os Bombeiros puideron sofocar o lume desta segunda embarcación e apagar o resto de lapas da primeira utilizando uns 1000 litros de auga.
Afortundamente non houbo máis danos persoais nin materiais que as dúas embarcacións, gracias a que un veciño viu o lume e alertou ao 112.
Dende o Club Náutico sinalan que o incendio sería provocado como un acto de vandalismo.
Tres feridos, un deles atrapado, despois de colidir un autobús e un taxi en Muxía
Esta mañá de luns, en pleno remate da Barca, acontecía un choque entre un autobús (de liña regular) e un taxi que deixaba tres feridos en Muxía. O accidente ocorreu uns minutos antes das 07:00 horas, no lugar da Baiuca, en Moraime. Un dos feridos, o condutor do taxi, estaba atrapado no interior, polo que os Bombeiros de Cee tiveron que excalalo. Tamén resultaron feridos unha muller que viaxaba no turismo e un pasaxeiro do autobús (viaxaban 12 pasaxeiros, todos estranxeiros), que non parecía revestir gravidade, sendo evacuados os feridos polos servizos sanitarios. Tamén se achegaron ao lugar axentes de Tráfico e membros de Protección Civil da localidade achegáronse ao lugar, tras ser alertados polo 112.Unha muller excarcerada en Ponteceso

Incendio dunha embarcación en Camariñas
