Un novo certame para pintar ao aire libre o Cabo Vilán

Continúan a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas dinamizando a vida cultural do Faro Vilán. E desta volta, no marco do seu ano de actividades, fano cunha proposta artística, que xa tivo un grande eco en Ponteceso estes últimos anos, co Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor. Un xeito fantástico de atraer artistas de toda o país, e deixar ademais constancia, sobre o óleo, da beleza da nosa paraxe, que tan ben se deixa pintar.

Falamos do I Certamen de Pintura al aire libre “Cabo Vilán”. Un certame aberto a todas as nacionalidades, para maiores de 18 e de inscrición gratuita, con máis de 1.600€ en premios.

A data de desenvolvemento será o domingo 18 de maio, e de 9:00h a 17:00h os artistas que se presenten poderán pintar o Cabo Vilán e o seu entorno como o desexen, sendo o fallo do xurado ás 19:00h.

Xa teñen as Bases e xa poden descargar e cubrir a folla de inscrición e enviala a asociacionempresarioscamarinas@gmail.com. Tamén teñen máis información en www.farovilan.com.

Novas relacionadas

  • Empresarios de Camariñas.