Unha caixa de encaixe para as bodegas do Titanic II

Maqueta do Titanic

Aínda haberá que ver o se o Titatic II convírtese en realidade. Polo de agora é só un soño do multimillonario australiano Clive Palmer, que anunciou o seu expreso de desexo de construílo e botalo ao mar en Southampton o 10 de abril do 2022, é dicir, xusto 110 anos despois que o Titanic orixinal levando a bordo o mesmo número de pasaxeiros e realizando a mesma ruta.

Levará a bordo, se finalmente se convirte nunha realidade, igual que o fixo no buque orixinal en 1912, unha caixa de encaixes de Camariñas, aínda que esta vez será enviada polo Club Náutico de Camariñas, e irá destinada aos grandes almacéns Macy´s Herald Square de Nova York. Estes grandes almacéns foron creados por Isidor Strauss, que, xunto á súa esposa Ida Strauss, perdeu a vida no naufragio do “Titanic”.

Así o acordaron en Londres, Clive Palmer e Jesús Ferreiro, presidente da Fundación Titanic, da que o multimillonario australiano é Patrono de Honor.

O buque tamén levará varios produtos españoles, e por exemplo, servirá o mesmo champagne da famosa bodega francesa Henry Abelé, creada no ano 1775, bodega que na actualidade é propiedade da bodega española Freixenet. Ou os lavabos de primeira e segunda clase serán fabricados pola firma internacional Bathco, empresa cántabra, que xa fabricou as copias destes lavabos.
O “coche do Titanic” orixinal, un Brush D24, fabricado en Detroit (EE.UU.) no añou 1909, e que foi restaurado en Astigarraga (Guipúzcoa) polos irmáns Mena, coa colaboración do Parque das Ciencias de Granada, también viaxará, na prevista primeira viaxe do Titanic Ií , aínda que esta vez hará en viaxe de ida e volta, para regresar á exposición “Titanic The Reconstruction” onde se expón actualmente.

Todo, se efectivamente se os astilleros estatais chineses “CSC Jinling” son quen de sacar adiante o proxecto, algo que dende o Náutico de Camariñas dubidan considerablemente.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-club-nautico-de-camarinas-embaixada-galega-da-fundacion-titanic/ https://quepasanacosta.gal/30-palilleiras-de-camarinas-descendentes-das-palilleiras-do-titanic-amosan-a-sua-arte-en-vigo/