Unha visita literaria no IES Pedra da Aguia

Acostumados como están ás visitas políticas, unha dende o eido literario chega con ilusión. Así recibiron os alumn@s do activo IES Pedra da Aguia autora Gemma Lienas, que chegou no marco do Programa “Encontros Literarios” organizados pola Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Programa que pretende achegar aos mozos lectores e lectoras a un autor elixido polo instituto que acode ao centro para dar unha charla sobre a súa propia obra, seguida dun coloquio cos estudantes.

A autora catalá reuniuse pola mañá con máis de 50 alumnos e alumnas integrantes dos diferentes clubs de lectura do centro e pola tarde co club de lectura de adultos do que forman parte máis de 20 persoas. Durante o encontro a escritora contou que pasos daba antes de poñerse a escribir unha novela, que elementos servíanlle de inspiración, como se documentaba e a maneira de perfilar os personaxes e a trama. Durante hora e media o alumnado puido escoitar e coñecer á autora de libros como “O rastro brillante do caracol”, título lido e gozado por todo o alumnado presente e a continuación formuláronlle as preguntas que consideraron de interese.

Tamén destacar que o instituto participou este curso no Programa Comunicatedu da Consellería de Educación, programa que fomenta a competencia comunicativa do alumnado. O instituto presentou catro equipos de alumnado de 1º e 2º de ESO e deles foron clasificados tres para optar aos premios finais. Este venres 25 realizarase un acto en Santiago, no Museo Centro Gaiás, onde compartirán a súa experiencia en oratoria os diferentes grupos e gravaranlles as súas intervencións.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/alumnado-do-ies-pedra-da-aguia-debate-na-deputacion-sobre-o-futuro-de-europa/