Unindo Vimianzo e Camariñas pola Ataxia
29 de setembro de 2025 (07:38 h.)
Ao redor de 160 persoas saíron hoxe, sábado 27 de setembro, á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por 'Con Ataxia pero Sin Límites' coa colaboración dos Concellos de Vimianzo e Camarilñas.
A andaina comezou no paseo marítimo da Ponte do Porto cara a Cereixo, ida e volta. Ao remate houbo inchables, pinchos, callos e sorteos. Ademais, o evento contou cunha exposición de coches clásicos.