Viaxes literarias, outra forma de aprender

Alumnxs do IES Pedra da Aguia diante da Torre del Oro, en Sevilla

Un grupo de 24 alumnos de 2°ESO do IESP Pedra da Aguia de Camariñas regresan de terras extremeñas e andaluzas por onde durante unha semana e co programa do MEC “Rutas científicas, artísticas e literarias”, percorreron os lugares máis emblemáticos da terra de Bécquer, JR Jiménez e Alberti, viron minas, covas, salinas, cidades cargadas de historia e monumentos e ata cociñaron.

A organización e o traballo por parte das monitoras foi impecable e os rapaces gozaron enormemente duns días de intercambio cultural e convivencia cos alumnos do centro de Salamanca cos que compartiron Ruta.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-alumns-do-ies-pedra-da-aguia-de-ruta-cientifica-artistica-e-literaria/ https://quepasanacosta.gal/a-biblioteca-viaxeira-de-camarinas-premio-a-innovacion-da-xunta/