Xan Vieito devolve ao mar unha das súas obras expostas no faro do cabo Vilán

Cara 1 e 2 da obra "Duo-In-quisidor" que se devolverá ao mar este sábado ás 13:00 horas nas inmediacións do cabo Vilán Este sábado ás 13:00 horas será devolta ao mar unha das obras presentes na exposición “m’eu-mar. Tempos logos”  que acolle a sala de exposición do faro do cabo Vilán. Trátase de “Duo-In-quisidor” datada no 2016 e que é unha peza de arte traballada sobre unha cuncha de ostra Vella de doble cara que o mar do Algarve portugués lle entregou ao artista no ano 2014. O lugar exacto da volta ao mar de esta obra de arte xa esta acordado co mar de Camariñas e terá lugar nas inmediacións do faro de cabo Vilan aínda que o lugar exacto manteráse en segredo ata o momento da entrega. Esta é a primeira vez que se fará en público o regreso ao mar dunha obra destas características. Outras 17 obras xa foron devoltas ao mar en distintos lugares. Ata o momento actual o retorno ao mar de estas pezas de arte fíxose sempre na intimidade, aínda que todas as pezas devoltas foron documentadas e con algún testigo presente. O retorno ao mar destas obras que fan a medias o mar e o artista forma parte dun contrato que ambos teñen establecido dende o ano 2011. A obra, unha vez realizada, é fotografiada en alta resolución en distintos escenarios que o mar lle ofrece ao artista. O destino final de todas esta obras feitas a medias e o seu retorno ao mar por ser o lugar de orixen. Tan só por circunstancias excepcionais algunas obras poden librarse de este destino aínda que sempre coa autorización dos dous. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Aept Camariñas