Xulgados por profanar un nicho en Santa Mariña
18 de maio de 2016 (20:09 h.)
O vindeiro 31 de maio ás 13 horas celebrase na xulgado do penal número 4 da Coruña on xuizo contra os tres presuntos autores da profanación e roubo de obxectos nunha sepultura do cemiterio da parroquia camariñana de Santa Mariña.
Ao parecer, os feitos aconteceron o 17 de outubro do 2012 cando os familiares de Esteban López Castro - falecido no 2003 con 18 anos de idade nun accidente de tráfico - atoparon roto o cristal da lápida e observaron que sustraeran un cordón de ouro que facía de marco dunha foto e dúas pezas de ouro; unha en forma de percebe e outra en forma de remo coa inscrición "Duerme, vuela, reposa, también se muere el mar". Todos os obxectos estaban incrustados na lousa de mármol.
Vanesa López Castro, irmá do falecido, denuncioua no seu momento a Isabel López Louro, Antonio Eiroa Grela e Marcos Manuel Castiñeira Mouzo - os dous últimos de Camariñas - por un presunto delito de roubo nos obxectos.
A Garda Civil detivo en novembro de 2012 aos presuntos autores do roubo despois de localizar a venda do ouro nunha tenda de Carballo. Seguntdo publicou a prensa local naqueles días, o valor o do material sustraído ascendía a 6000 euros mentras que os os presuntos autores do roubo venderon todo o material por 700€.
Novas relacionadas
- Crisanto é pai
- Unha viaxe polas cores do Cemiterio de Dumbría .
- 09-02-10: Onde estás Crisanto?.
- Unha herencia mediática.
- Este morto está moi vivo.