10 receptor@s da Risga formarán a brigada de obras e limpeza do Concello de Carballo

Responsables municipais mantiveron unha xuntanza no Forum cos 10 nov@s traballador@s

Boa aposta pola inclusión do Concello de Carballo. Porque o emprego é a chave máis importante de cara á recuperación dunha vida normalizada, que escape de axudas tan urxentes como a coñecedia Risga.

Así, o Concello de Carballo decidiu outorgar os 10 empregos da Brigada de Obras e Limpeza municipal a 8 traballadoras e 2 traballadores receptores destas axudas.

Xa pasaron o recoñecemento médico e o curso de prevención de riscos laborais, e xa teñen os uniformes para traballar durante 9 meses.