40 rúas xa contan con plataforma única en Carballo

Remataron as obras da rúa Tarragona, permitindo que uns 30 metros queden renovados co sistema de plataforma única. Son xa máis de 5 km a rede de 40 rúas que teñen esta estrutura na vila carballesa, tentando facer un urbanismo máis accesible á veciñanza.

Os traballos de reurbanización, que incluíron a demolición da parte dun edificio que estaba fóra de ordenación, incluíron a redes de abastecemento de auga, saneamento, augas pluviais, canalización para o futuro soterramento da rede eléctrica, e redes de gas e telecomunicacións.