A cidadanía participa no deseño do "Carballo do futuro"

Unha UTE encargarase de deseñar as grandes liñas do proxecto de planificación urbana Os distintos axentes sociais serán unha parte fundamental do deseño do "Carballo do futuro"; un proxecto de formulación da estratexia de mellora e xestión do espazo público urbano, un documento que servirá de referencia para as vindeiras actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade. De trazar as grandes liñas encargarase a UTE Iplan Movilidad SL - Tema Ingeniería SL, que presentou o proxecto mellor valorado polos técnicos no concurso público convocado a tal efecto; pero o obxectivo da concellería de Planificación e Mobilidade Urbana é que o mapa do Carballo do futuro sexa froito da reflexión conxunta da cidadanía. Por iso, no traballo que agora arranca terá un peso moi importante a participación veciñal. O alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - asinou onte o contrato cos representantes da UTE, e inmediatamente despois tivo lugar unha primeira toma de contacto con parte do equipo municipal que colaborará coa empresa no desenvolvemento da estratexia, e do que formarán parte, ademais da concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana - Milagros Lantes -; o arquitecto municipal - Alfredo Garrote -, que será o coordinador, e o xefe da Policía Local - Roberto Mosquera -. A divulgación, o seguimento e o control da estratexia serán os últimos pasos do proceso, co que o goberno local pretende avanzar cara a consecución dun contorna urbana cada vez máis habitable e de maior calidade ambiental dende todos os puntos de vista e na creación de novas sinerxias entre ou urbano e ou rural que contribúan á dinamización e ao asentamento de poboación nas parroquias rurais. En todo este proceso será fundamental a participación de diferentes servizos municipais e de distintos colectivos sociais para intentar deseñar a mellor estratexia de actuación posible. Fibra óptica Por outra banda, nos próximos meses uns 2.500 fogares e empresas de Carballo terán ao seu alcance a fibra óptica ata o fogar (FITH) de Telefónica. A compañía inicia o despregue da tecnoloxía de datos máis avanzada do mercado coa intención de ampliala progresivamente ata cubrir todo o territorio. A directora de Telefónica en Galicia - Marta Menéndez -  presentoulle o proxecto ao alcalde - Evencio Ferrero - co que mantivo unha reunión onte na casa do Concello.

Nova exposición no Pazo

Hoxe, ás 20:30 horas, terá lugar no andar -1 do pazo da Cultura de Carballo a inauguración da exposición "Panópti@s. Téxtiles Tradicionais"; organizada polo concello carballés,a asociación cultural Argazo e Panosdaquí. Ao acto acudirán o alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - ; o concelleiro de Cultura - Marcos Trigo -; Ana Nogareda, membro da asociación cultural Argazo e Carlos Díaz de Panosdaquí. Esta mostra, que se enmarca dentro do programa de Primavera en Danza, pretende introducir ao público en xeral nunha primeira aproximación ao tecido tradicional galego. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo