Aberto o programa "Eu quero Razo-Carballo"

Presentaba onte o Concello de Carballo o programa “Eu quero Razo-Baldaio 2023”. Un programa que enche de actividades un areal absolutamente vivo durante a tempada estival, e que o sitúa como un dos espazos naturais máis aproveitados da comarca.

Rutas, saídas, charlas, festas, simulacros, obradoiros… todo nun ano que tamén farán homenaxe ao Xestal, coa realización por parte de Josi, dunha figura en madeira que locirá no litoral ao carón da píllara de vimbio.

Na presentación participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, Daniel Pérez; a concelleira de Normalización Lingüística, Bibliotecas e Arquivos, Ánxeles Pacoret, e representantes das entidades que colaboran neste programa ambiental un ano máis.

Programa

Programa Razo Baldaio 2023