Achan morto no faiado un home que desaparecera en Carballo o luns

Foto do desaparecido

Dende o luns ás 17:00h, as forzas de seguridade levaban buscando a José Luís R.R., un home de 75 anos de Carballo, trala denuncia da súa familia pola súa desaparición.

O seu corpo sen vida foi atopado esta mañá nun rocho doutra vivenda que tiñan na localidade. Todo apunta, segundo a garda Civil, a un accidente dentro do traseiro, pero ata o remate da autopsia non se confirmará a hipétese.