Alcampo abre un novo super en Carballo

Alcampo debuta en Carballo coa apertura dun supermercado situado na Rúa Vázquez Parga, esquina Pedreira s/n. Esta tenda enmárcase na gran operación de ampliación que o buque insignia está a realizar en Galicia e que concluirá na primeira semana de xullo.

Esta tenda, que abrirá de forma ininterrompida de luns a sábado de 9:00 a 21:30 horas, conta cun cadro de persoal de 12 traballadores e cunha superficie de venda próxima aos 800 metros cadrados.

Aseguran que colaborarán coas empresas agroalimentarias da zona para ofrecer produtos de cercanía.