Aldemunde xa ten Centro Social. Só queda Goiáns

Alcalde e Concelleiro de Obras acodiron á recepción do remate das obras do Centro Social de Aldemunde
En setembro comezaban as obras. E o primeiro de novembro, Aldemunde xa ten Centro Social. Non poderá estrearse ata que a situación sanitaria se controle, pero a veciñanza xa conta con esta infraestrurura fundamental para o desenvolvemento do tecido asociativo e a vida socio-cultural.

Foron un total de 125.000 empregados no acondicionamento da praza, do edificio por dentro e por fóra e do mobiliario.

Un centro en cada parroquia

O obxectivo do Concello de Carballo é que a rede de centros sociais chegue a todas as parroquias. Despois da posta en marcha dos centros de Bértoa e Lema, a única que carece dun equipamento deste tipo nestes momentos é a de Goiáns, pero xa está aprobada de maneira definitiva a modificación urbanística do ámbito no que será construído e o próximo paso será a redacción do proxecto, consensuado co movemento asociativo da parroquia.

Novas relacionadas