Aloumiños organiza un Curso Homologado de Lingua de Signos en Carballo

A Asociación Aloumiños acada de anunciar a realización do seu primeiro Curso Homologado de Lingua de Signos. Unha gran oportunidade de aprender unha linguaxe cada vez máis necesaria na nosa, cada vez máis inclusiva, sociedade.

O curso impartirase no Edificio Espazo Xove da Xunta de Galicia en Carballo (Rúa Valle Inclán,24, 3º andar) e dará comezo o próximo 2 de marzo, organizado pola nosa entidade e impartido pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

As prazas son limitadas e por orde de incrición (Data límite, 27 de Febreiro). O prezo é de 270€ para soci@s de Aloumiños, parad@s e estudantes, e 360€ para non socios.

Para máis información: asociacionalouminhos@gmail.com e ao 604028730.