Aloumiños organiza unha charla sobre irmáns e discapacidade

Programa-Alouminos-e-USCde-Educacion-e-Solidariedade1 Este venres, 27 de maio, continúa o  2º “Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade” organizado por Aloumiños en colaboración coa Universidade da Coruña -UDC-. Faraó cunha charla sobre "Irmáns e Discapacidade" impartida por Manuel Peralbo Uzquiano - catedrático da Universidade da Coruña -. A cita é as 19:30 horas no Forum de Carballo. Haberá canguraxe para os nenos e nenas. Os interesados en participar pode recibir máis información enviando un correo electrónico a asociacionalouminhos@gmail.com.

Máis información

  • www.asociacionalouminhos.org
  • asociacionalouminhos@gmail.com

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Aloumiños