O alumnado do EnglishRocks amosou a súa arte musiqueira

Este pasado sábado, o Parque das Camelias de Carballo acollía un evento moi especial. O alumnado da Academia EnglishRocks daba conta do aprendido durante o curso musiqueiro no que participan máis de 40 alumn@s (son máis aínda nas clases de inglés).

As formacións de guitarra eléctrica, baixo, ukelele e voz fixeron as delicias das familias, tocando temas como Mr. Tambourine de Bob Dylan, Wonderful tonight de Eric Clapton, Morning Glory de Oasis, Love Story de Taylor Swift ou ata En que estrella estará de Nena Daconte.

A Academia, como nos conta Martín Cousillas, adóitase adaptar aos niveis, utilizando músicas máis populares para enganchar á rapazada, nomeadamente temas de rok ou de reagge. Con todo, sempre integra o aprendizaxe musical, lonxe dos métodos máis clásicos de aprender solfeo a través do libro, para ir achegando a teoría ás cabezas da rapazada.

Quen sabe se sairá de aquí outro guitarrista de Eli Paperboy Reed...

Unha das bandas da academia
O alumnado do EnglishRocks con Martín Cousillas

Máis novas