Ana Hermida conta "a historia en feminino" este venres en Carballo

Ana Hermida de Lisistrata

Continúan as actividades do 8M “Día Internacional da Muller” en Carballo. E toca contando "A historia en Feminino”. Ana Hermida, de Lisístrata, achegará ao público mulleres sobresaíntes e descoñecidas que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino.

Esta actividade, encadrada no programa De landras a Carballos está organizada pola Concellaría de igualdade e a Concellaría de Normalización Lingüística, coa intención de reforzar os vínculos afectivos e favorecer aprendizaxes significativas desde as primeiras idades.

Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, Hermida estará achegando referentes e visibilizando mulleres borradas da historia o venres 20 de marzo, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, ás 18:00 h.