Aparece o corpo sen vida dunha persoa dentro dun trasformador nunha rúa carballesa

O suceso aconteceu na Rúa Compostela

Esta pasada mañá de xoves, arredor das 12:00h, aparecía o corpo sen vida dunha persoa nun trasformador dunha subestación da rúa Compostela, en Carballo. O persoal da empresa eléctrica avisaba ao 112, que enviaba á Garda Civil, os técnicos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e a Policía Local.

Segundo fontes da Garda Civil o corpo puido ter sido electrocutado. Os axentes chamaron á Autoridade Xudicial para levantar o cadáver e trasladalo ao CHUAC para a autopsia.