Aprendendo cartografía con Senda Nova
18 de setembro de 2018 (08:09 h.)
Non é a típica que se aprenda habitualmente pola zona, así que compre dar conta da interesante iniciativa de Senda Nova. A aula de natureza de Oza acolleu a celebración do Curso de Iniciación á Cartografía e Orientación. Un curso destinado a saber utilizar os mapas en plena natureza. Os asistentes aprenderon a usar o compás e a seguir rumbos, traballando con coordenadas xeográficas. Ademais descubriron como deixarse guiar por elementos naturais como o sol ou as estrelas.
Un curso que serve non só para guiarse polo monte, se non tamén, dende o eido filosófico, para guiarse pola vida deixando de estar desubicados.