Ardíu a antiga Discoteca A Revolta

Imaxe do incendio da antiga discoteca A Revolta de Carballo

A pasada tarde de domingo, arredor das 19:20h, declarábase un incendio na antiga Discoteca A Revolta (Carballo). Acodiron os Bombeiros de Carballo cando un particular chama ao 112 cando viron saií fume polas fiestras. Unha vez no punto, accedían ao interior por unha porta lateral que xa estaba aberta e comprobaron que o que ardía era unha caixa de cartón e algo de lixo que había arredor. Tiveron que extinguilo empregando uns 200 litros de auga, e a rápida intervención permitiu que o lume non provocase danos materiais a maiores do citado.

Descoñecen as causas do incendio.

Incendios nos últimos dous meses

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).