Arrincaron as demandas obras da AC-414 en Carballo

Obras diante do Punta del Este

Esta semana arrincaron as obras de mellora do firme na estrada AC-414 e na AC-400 no concello de Carballo, que suporá un investimento autonómico de 763.000€. 

Os traballos están a comezar na estrada AC-414 en Carballo, constituída por dous treitos antigos da vía AC-418, e permitirán actuar en algo máis de 3,6 quilómetros de lonxitude, renovando completamente a capa de rodaxe. 

Na estrada AC-400, ao paso polo citado municipio, tamén se realizarán accións de rehabilitación do firme.